1. Reserva a aventura que queiras xogar na páxina web. Recibirás un correo electrónico co código de reserva.

2. Descarga e inicia a app concedendo todos os permisos que se soliciten. Abaixo deixámosche as ligazóns.

Descarga a nosa app
e goza da aventura

3. Introduce o código de reserva que recibiches no correo electrónico cando a app cho solicite e selecciona a continuación o teu equipo.

4. Estade no Lugar de Inicio: dependerá da aventura reservada.
Lembra: o teu Game Master, unha persoa real, estará supervisando todo telematicamente e poderás contactar con el en todo momento.

5. Primeiro fareis un minixogo para aprender as dinámicas do xogo (3 probas sinxelas).
Unha vez rematado o minixogo, COMEZA A AVENTURA (10 probas desafiantes).

Comparte as instrucións con todos os xogadores

Email
WhatsApp
Facebook